Curso de Iniciación á Escalada en Marín, 11 December | Event in Pontevedra | AllEvents

Curso de Iniciación á Escalada en Marín

Club Aromon Pontevedra

Highlights

Thu, 11 Dec, 2025 at 07:00 pm

Concello de Marín

Advertisement

Date & Location

Thu, 11 Dec, 2025 at 07:00 pm - Sun, 14 Dec, 2025 at 05:00 pm (CET)

Concello de Marín

Marín, Pontevedra, Spain

Save location for easier access

Only get lost while having fun, not on the road!

About the event

Curso de Iniciación á Escalada en Marín
1. IDENTIFICACIÓN DO CURSO

XERAL: Nivel 1 de Escalada (E1) “Iniciación”, seguindo os parámetros da Escolga Galega de Alta Montaña da Federación Galega de Montañismo, e da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada, +info https://fedme.edu.es/formacion-para-deportistas

DATAS E HORAS DO CURSO: Xoves 11/Nadal (de 19h a 22h) nun lugar de Marín a concretar, e o sábado 13/Nadal e domingo 14/Nadal (de 10.00h a 17.00h) na Zona de Escalada de Loira.

LUGAR: Zona de Escalada de Loira (Marín). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.

2. EN QUE CONSISTE O CURSO

OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a adquira as técnicas básicas de seguridade e progresión da escalada en rocha dotándoo de coñecementos que lle garantan a seguridade no desenvolvemento da súa actividade.

CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Coñecementos do material básico de escalada en rocha / Nós / Técnicas de descolgue / Cadea dinámica de seguridade e desenvolvemento dunha ascensión / Aseguramento de primeiro de corda, en io-io, e aseguramento dinámico / Medio ambiente / Elección de itinerarios (información e dificultades) / Material técnico de seguridade / Aseguramento.

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 4 alumnos/as (ata un máximo de 12); o mínimo de alumnos/as será de 5 persoas.

PROFESORADO: Técnicos/as do Club AROMON (pertencente á Federación Galega de Montañismo, e á Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada).

3.OBRIGAS

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter capacidades físico/técnicas axeitadas a actividade desenrolar.

EXPERIENCIA DEPORTIVA: Os/as participantes non teñen porque ter escalado nunca.

MATERIAL INDIVIDUAL: Roupa cómoda adaptada as condicións de cada día, calzado con sola dura para montaña.

4. INSCRICIÓN E ADMINISTRACIÓN

PREZO E SISTEMA DE PAGO: O prezo do curso é de balde para veciños e veciñas de Marín (presentar DNI con enderezo en Marín, certificado de empadroamento,…), para persoas de fora de Marín terán que pagar 130€ polo curso.

SISTEMA DE INSCRICIÓN: Accede a aromon.gal e inscríbete; as prazas cubriranse por estrita orde de inscrición ata 2 xoves antes do inicio do curso. Calquera dúbida podes consultar en aW5mbyB8IGFyb21vbiAhIGdhbA==

DEVOLUCIÓNS ECONÓMICAS: Terán que ser solicitadas expresamente polo interesado/a nun correo-e enviado a aW5mbyB8IGFyb21vbiAhIGdhbA== e terán dereito á devolución total da cota, só as persoas enfermas ou lesionadas que o comunicaran previamente cun mínimo de 48h antes do comezo do curso, obrigatoriamente enviando xunto un certificado médico oficial, asinado por un colexiado/a, indicando a imposibilidade de participar.

5. ACOLLIDA

TRANSPORTE: Non haberá transporte oficial polo que cada alumno/a terá que desprazarse polos seus medios. De todos os xeitos é moito máis ecolóxico e económico compartir transporte para acudir aos cursos.

MANUTENCIÓN: Non haberá ningún tipo de manutención a cargo do curso. Para os días de actividade recomendamos levar comida de monte moi enerxética, así como facer unha perfecta hidratación preparada, porque estaremos todo o tempo na zona de escalada e só pararemos para picar o que traiades.

6. VARIOS

DOCUMENTACIÓN A PORTAR AO INICIO DO CURSO: Dende días antes, incluso ao inicio do curso, ao alumnado se lle poderá requirir que mostre o seu DNI, o xustificante de pago (en caso de ser de fora de Marín).

MATERIAL INDIVIDUAL OPCIONAL: En caso de dispoñer algún deste material deportivo e levalo ao curso, por favor escríbeo á hora de inscribirte e para saber o que cada un ten, a saber: casco de escalada (homologación CE-EN 12492:2012), arnés (homologado CE-EN 12277:2016 Tipo C), 2 mosquetóns con dispositivo de peche de seguridade tipo H (CE-EN12275:2013), dispositivo de freado asistido ou semiautomático (CE-EN 15151-1:2012 Tipo 6), pés de gato.

MATERIAL DEPORTIVO: O Club AROMON disporá de todo o material necesario en caso de que o/a deportista non dispoña do material individual opcional.

EXPULSIÓN DO CURSO: Calquera persoa que incumpra os requisitos obrigatorios de experiencia, material ou administrativos, ou que non cumpra intencionadamente as instrucións dos técnicos/as poñendo en risco a súa propia seguridade ou a seguridade de calquera dos outros participantes no curso, poderá ser expulsada do curso sen dereito de compensación económica ou formativa.

COMUNICACIÓN ENTRE PARTICIPANTES: Crearase un grupo de WhatsApp voluntario entre todos os/as participantes só para resolver comunitariamente dúbidas que puideran xerarse en días previos ao inicio do curso, organizar viaxe,…

BOLSAS DE AXUDA: Este curso está subvencionado ao 100% polo Concello de Marín para os veciños/as de Marín, que terán preferencia no listaxe de admitidos/as.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA: Petit, Arnaud. Escalada: Iniciación, placer y progresión. Desnivel 2019, Alfonso Louro e Gustavo Vázquez (2020) “Rocha Nai” Editorial Campo IV Alpinismo ISBN 978-84-9399-076-3, de Kathleen Meyer (2014) “Cómo cagar en el monte” Ediciones Desnivel ISBN 9788498293128, Máximo Murcia Aguilera (2016) “Manual de Escalada Libre” Editorial Desnivel ISBN 9788498293500

MÁIS INFORMACIÓN: Club AROMON en aW5mbyB8IGFyb21vbiAhIGdhbA== ou en aromon.gal


You may also like the following events from Club Aromon Pontevedra:

Also check out other Sports events in Pontevedra, Trips & Adventurous Activities in Pontevedra.

interested
Stay in the loop for updates and never miss a thing. Are you interested?
Yes
No

Ticket Info

Tickets for Curso de Iniciación á Escalada en Marín can be booked here.

Advertisement

Nearby Hotels

Concello de Marín, Marín, Pontevedra, Spain
Reserve your spot
Ask AI if this event suits you

Host Details

Club Aromon Pontevedra

Club Aromon Pontevedra

Are you the host? Claim Event

Advertisement
Curso de Iniciación á Escalada en Marín, 11 December | Event in Pontevedra | AllEvents
Curso de Iniciación á Escalada en Marín
Thu, 11 Dec, 2025 at 07:00 pm