Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26, 10 January | Event in Benasque | AllEvents

Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26

Club Aromon Pontevedra

Highlights

Sat, 10 Jan, 2026 at 10:00 pm

Estación de esquí Cerler

Advertisement

Date & Location

Sat, 10 Jan, 2026 at 10:00 pm - Sat, 17 Jan, 2026 at 12:00 pm (CET)

Estación de esquí Cerler

Escuela Española de Esquí de Cerler, s.C.L, Calle Carretera Serveto, 22449 Benasque (Huesca), España, Benasque, Spain

Save location for easier access

Only get lost while having fun, not on the road!

About the event

Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26
DESCRICIÓN: é unha “viaxe branca” (con saída do 10 ao 17 de xaneiro) dende Galicia a CERLER (Benasque - Huesca) organizada por Clubs de Montañismo, dunha semana, na que cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente un forfait e esquiar libremente, inscribirse nun curso de esquí de travesía ou de esquí alpino de distintos niveis, alugar o material deportivo, contratar seguro...

OBXECTIVOS:
1. Formarse e/ou practicar ou o esquí de travesía (“esquí de montaña”) ou o esquí alpino (“esquí en pista” ), ou snowboard.
2. Convivir entre os socios/as dos distintos Clubs participantes.
3. Promover o esquí de travesía (tamén chamado “de montaña”).

ESQUÍ ALPINO/SNOWBOARD, OU ESQUÍ DE TRAVESÍA?: Para comprensión rápida, o esquí alpino (ou o snowboard) é so para baixar mentres que a subida é por medios mecánicos; o esquí de travesía (tamén chamado esquí de montaña) é para baixar, progresar en plano, e subir polos teus propios medios.

CURSOS DEPORTIVOS: Un ano máis organizamos a tradicional viaxe de “esquí alpino” (con curso opcional de distintos niveis) pero tamén a Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo) organiza 2 cursos de “esquí de travesía” (un de iniciación e outro de perfeccionamento), toda a información de estes cursos estará na web da FGM. Para os cursos de esquí de travesía haberá que estar obrigatoriamente federado/a FEDME, e para o curso de iniciación é obrigatorio, como mínimo, ter un nivel básico de esquí alpino (viraxe “solvente” en paralelo
en pistas azuis ben pisadas).

PARTICIPANTES: Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en prol da convivencia e seguridade. É importante entender que este é unha viaxe colectiva organizada por entidades sen ánimo de lucro, coa idea de compartir tempo e deporte con outras persoas,
de xeito tranquilo, sosegado, e axeitado ao entorno.

PREZO:

Obrigatorio 550€ (Viaxes en autobús, 5 noites habitación dobre Hotel Monte Alba 3* (pe de pista), 5 almorzos e ceas no hotel (non inclúe bebidas), e seguro de viaxe que non inclúe esquí)

Suplementos e descontos:
- Suplemento participantes non socios/as dos Clubs organizadores (+35€ )
- Desconto por persoa en cuarto tripla ou cuádrupla (-10€ )
- Suplemento cuarto individual (+150€)
- Desconto nenos (-70€)

Servizos opcionais:
- Forfait 5 días en Cerler (+195€)
- Seguro esquí, accidentes e responsabilidade civil (+20€)
- Paquete especial para mínimo 20 persoas con 5 días forfait + 3h diarias de clases.
- So comida tipo bocadillo para grupo min. 20 persoas (+50€)
- Clases colectivas esquí (3h diarias) sen grupo mínimo (+125€)
- Clases colectivas snow (3h diarias) sen grupo mínimo (+130€)
- Só xantar sen grupo mínimo (+65€)
- Aluguer de material esquí gama bronce adultos (+65€)
- Aluguer de material snow gama bronce (+80€)
- Aluguer casco (+15€)
- Seguro de cancelación (consultar condicións) (+30€)


PLAN DE VIAXE:
10 Xan (sábado) / Comeza a viaxe en bus pola noite dende Galicia.
11 Xan (domingo) / Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o primeiro servizo pagado demanutención).
12 Xan (luns) ata o 15 Xan (xoves) / Almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.
16 Xan (venres) / Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada deportiva, devolver o material alugado e viaxe de regreso.
17 Xan (sábado) / Chegar a Galicia.

XUNTANZAS DE INFORMACIÓN: O xoves 18 de Nadal ás 20.30h en Xuntanza informativa Interclubs Esquí 26 en https://meet.google.com/czf-xtkf-gav haberá unha xuntanza
telemática ás 20.30h (importante participar) para concretar asuntos da viaxe, falar sobre material aconsellado, e calquera outra dúbida que xurda.

SEGURO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS: As estacións de esquí cobran por rescate nas pistas e/ou posible tratamento médico privado nas súas instalacións. Esa cobertura é unha responsabilidade persoal de cada participante, polo que recomendamos fortemente ou ter a licenza federativa FEDME en vigor (con extensión de esquí alpino), ou outro seguro como o ofrecido pola nosa axencia de viaxes.
Dende os Clubs en ningún caso seremos responsables de gasto algún vencellado a este asunto (nin na montaña nin en Galicia).
Os esquiadores/as de travesía, ao ser un deporte propio pola nosa Federación Galega de Montañismo xa está todo cuberto coa licenza federativa FEDME en vigor (que é obrigatoria para estes cursos).

PERSOAS COORDINADORAS DE CADA CLUB ORGANIZADOR:
Club K2Ordes / Carlos Viaño.
ClubMontañeiros Celtas / Fernando Fernández Rey.
Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia / Alejandro Carrera.
Club Alpino Ourensán / María Teresa García Cebreiros.
ClubMontaña Ferrol - Alpinista Abrente / Xan Ramírez.
Club AROMON Pontevedra / David Pérez Araujo.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Antes do 10 de novembro do 2025.

PROCESO DE RESERVA E FORMA DE PAGO:
1. Antes do 20 de novembro é necesario un depósito de 350€ , por persoa para formalizar a reserva, quen queira contratar seguro de cancelación, debe pagar 380€ , na conta de Viajes Sierra ABANCA ES59 2080 0341 1430 4006 9040 poñendo en concepto nome completo e o nome do Club (ou de non ter club "Interclubs").
2. Ao rematar mandarlle e-correo a dmlhamVzc2llcnJhIHwgdmlhamVzc2llcnJhICEgY29t dende o voso correo particular cos datos de Nome completo, correo electrónico, teléfono de contacto, DNI, data de nacemento, Club (de habelo ou senón "Interclubs"), cidade de saída/chegada no bus, nome e apelidos das persoas con quen queres compartir habitación, tipo de habitación, e servizos contratados.
3. Unha vez realizados tódolos primeiros pagos, ‘Viajes Sierra’ dará acceso a tódolos inscritos a unha plataforma online para seguir coa organización da viaxe.
4. O 2º pago de 200€ debe realizarse como data límite o venres 5 de decembro.
5. O 3º pago (o dos suplementos) polo resto da viaxe (ver importes de suplementos e descontos) debe realizarse como data límite o martes 30 de decembro.
- Quen leve forfait debe sumar 195€.
- Quen leve paquete de clases e forfait debe sumar 260€.
- Quen leve forfait e só comidas (prezo grupo) debe sumar 195+50=245€.
- Quen leve aluguer de material alpino debe sumar +65€.
- Quen leve aluguer de material de snow debe sumar +80€.
- Quen leve aluguer de casco debe sumar +15€.
- Quen leve seguro esquí, accidentes e responsabilidade civil, debe sumar ós importes +20€.
- Quen vaia en triple ou cuadruple, debe restar -10€.
- As persoas de entre 6 e 11 anos deben restar -70€.
- Quen vaia en habitación individual, debe sumar +150€.

CONDICIONS DE CANCELACIÓN: Dende o momento da confirmación e pago ata 35 días antes da saída, 350€ por persoa, entre 35 e 10 días antes da saída, 450€ por persoa, con menos de 10 días antes da data de saída, o 100% do importe da viaxe.

POSIBILIDADE DE SEGURO OPCIONAL DE CANCELACIÓN: Este seguro cubre os gastos de cancelación, no caso de que o asegurado cancele por algunha das causas recollidas na póliza e poda acreditalo coa documentación que a aseguradora solicite. O coste do seguro e de 30€/persoa, e debe comunicarse a Viajes
Sierra no momento da confirmación da reserva e o pago do seguro abonarase xunto co depósito inicial.
- Ver condicións particulares e xenerais no Dossier Semanas Blancas 2025-26 en www.viajessierra.com ou www.viajesdecolegios.com


You may also like the following events from Club Aromon Pontevedra:

Also check out other Sports events in Benasque.

interested
Stay in the loop for updates and never miss a thing. Are you interested?
Yes
No

Ticket Info

Tickets for Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26 can be booked here.

Advertisement

Nearby Hotels

Estación de esquí Cerler, Escuela Española de Esquí de Cerler, s.C.L, Calle Carretera Serveto, 22449 Benasque (Huesca), España, Benasque, Spain
Reserve your spot
Ask AI if this event suits you

Host Details

Club Aromon Pontevedra

Club Aromon Pontevedra

Are you the host? Claim Event

Advertisement
Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26, 10 January | Event in Benasque | AllEvents
Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26
Sat, 10 Jan, 2026 at 10:00 pm