Api Uiz // Palm Kids // 24-5- 25 // 18.30
Donativo entre 5 e 10 €
(Integramente destinado aos músicos, habilitaremos un peto a tal efecto)
Aquelxs que estivéchedes seguro que o lembrades perfectamente, Api Uiz puxeron patas arriba o Liceo nas súas dúas anteriores visitas. Como non hai dúas sen tres xa están de novo aquí.
Ollo, desta volta farannos bailar na casa dos nosxs amigxs de Palm Kids, a quen queremos agradecer de coração a súa hospitalidade
Dende hai 30 anos e fóra dos circuítos comerciais, os membros de Api Uiz funcionan como unha célula autónoma a través dos escenarios de toda Europa e até América.
Intensamente enérxica, áxil nas viravoltas e rápida nas rectas, a música de Api Uiz é complexa sen ser complicada e evita, case sempre, o accidente…..por pouquiño!
As estruturas polirrítmicas e os cruces da enerxía punk coas secuencias do zouk convértense case en música africana, en rock experimental inestable de fluxos eléctricos. Curvas estreitas que os encamiñan ao sur, para ser illas imperdibles.
Groove fervente, enerxía tráxica e ritmos sobreexcitados. Rock de espíritu punk colorado de rumba congoleña e pop decadente.
As composicións son unha alternancia de partes repetitivas e voos febrís. E detrás de todo iso, ritmos ruidosos onde sobreviven melodías sedutoras e extravagantes. Porque o grupo sempre espera contribuír á supervivencia da alegría e do drama.
Os Api Uiz, con ascendencias do país pero habitantes de Burdeos/París, vertebrais no circuíto DIY europeo son unha das banda favoritas de The Ex cos que teñen xirado en innumerables ocasións, así como con Thurston Moore, Melt Banana e unha morea de nomes míticos.
Veñan con disco novo, SM, unha configuración que fará estoupar os teus oídos e botar a voar os teus pes
https://apiuiz.bandcamp.com/
You may also like the following events from Liceo Mutante:
Also check out other
Entertainment events in Pontevedra,
Kids events & activities in Pontevedra,
Parties in Pontevedra.