Venres 27 Xuño na La Room temos una noite folk trad con estas dúas formacións BRIXTA + AS CALDUPEIRAS
APERTURA PORTA 23.45 h. ... Entrada 5 € .... Concerto 24.00 h.
BRIXTA é un grupo de musica folk de Ferrolterra e está formado por un grupo de amig@s con longa traxectoria no folclore Ferrolán e levan neste proxecto dende o ano 2022.
Brixta naceu da inquietude dos seus compoñentes por darlle outro enfoque á musica tradicional con novos ritmos e melodias mesturadas con Muiñeiras,xotas,foliadas,polkas ,carballesas,etc…e conforman así o repertorio de Brixta soando violinos, frautas, gaitas, pandeireta, birimbau, acordeon, batería e guitarra acústica.
Brixta é tradición . Brixta é baile.
AS CALDUPEIRAS
Este grupo de pandeireteiras e pandeireteiros pertence á Asociacion Cultural As Caldupeiras, radica no Concello de Narón e está composta por xente de toda a contorna.
As Caldupeiras nace recentemente coa finalidade de recuperar e conservar o folclore e as tradicións de Galicia, mostrando especial interese na Comarca de Ferrol e arredores.
No seu repertorio no que podemos escoitar ritmos característicos de cada zona: maneos, empuñadas, rebeiranas, agarrados, e diferentes instrumentos utilizados no noso folclore: pandeiretas, latas de pemento, pandeiras, cunchas, ferriños, etc…
You may also like the following events from Sala Room:
Also check out other
Music events in Ferrol,
Entertainment events in Ferrol,
Concerts in Ferrol.