🎶 Concerto de MJ Pérez e CRUA 🎶
📍 Festival Pétalos de Igualdade – Flor de vida
📅 Sábado 26 de xullo de 2025 | 🕢 19:30 h
📌 Auditorio do Centro Sociocultural Ágora (Lugar Agramela 17, A Coruña)
🎟️ Entrada libre e gratuíta – Non precisa reserva previa
A cantautora MJ Pérez e o grupo portugués CRUA unen voces nun concerto especial. Será a xuntanza destes dous proxectos que nos deleitarán co mellor do seu repertorio,
CRUA
O repertorio tradicional ibérico é o punto de partida para o concerto e o encontro afectivo con estas seis mulleres, urbanas - do seu tempo. O adufe, curmán do pandeiro, elemento sacro que guía a exploración rítmica e vocal, non está só: bombo, cribos, pandeiretas, cunchas, timbalón e outras percusións tradicionais crean o conxunto base. As cancións, na súa maioría do repertorio tradicional, son o punto de partida para reflexións transversais ao tempo - afecto, coidado, traballo.
Voces próximas ao primal que vos convidan a estar, a escoitar e a sentir, nun cruzamento de tempos [pasado e presente] e de xeografías [rural e urbano].
MJ PÉREZ
MJ Pérez é unha cantora galaicoportuguesa que conta xa con máis de 10 anos de carreira actuando en palcos de Galiza e Portugal. Cun repertorio que resume algúns dos temas máis importantes deste percurso, sumado algúns temas novos, MJ presenta unha viaxe que fusiona a canción de autor con ritmos latinos, o pop-rock ou as músicas do mundo.
Todo coa súa particular voz, e unhas letras cargadas de mensaxe, no xeito de narrar e transmitir de MJ acompañada e rodeada da súa banda.
Este concerto, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
📢 Actividade organizada pola Asociación veciñal Agra, dentro do programa Agra no Ágora, co apoio do Concello da Coruña.
🧑🤝🧑 Dirixido a: público xeral
📬 Máis info:
YWdyYSB8IGdhbGl6YWN1bHR1cmEgISBnYWw=
#MJperez #CRUA #OraApertaAmor #AgraNoÁgora #PétalosDeIgualdade #CulturaNaCoruña #EntradaGratuíta #MúsicaConSentido
You may also like the following events from Centro Ágora:
Also check out other
Concerts in A Coruña,
Sports events in A Coruña.