1 hour
Capilla del Santo Ángel
Starting at EUR 10
Sun, 22 Mar • 12:00 PM (GMT+01:00)
Capilla del Santo Ángel
6 Rúa Vila Real, Ourense, Spain
Domingo, 22 de marzo de 2026 - 12:00 h
Anna Amigó, arpa e voz
Capilla del Santo Ángel, Rúa Vila Real, 6, 32002 Ourense
Organiza:
Fundación Santamarina-Temes
Coordina:
Shelly Art Management
Entradas: 10€
https://gratiaplenafestival.eventbrite.com
https://www.facebook.com/gratiaplenafestival
Patrocina:
Colaboran:
https://www.colegiosantoangel.net
http://www.asociacionporticomusical.org
---
ANNA AMIGÓ arpa / voz / composición
A música de Anna ten un amplo abanico de cores, ritmos e sons. A súa obra “A cançó sense lletra” foi nomeada aos Premis Enderrock 2016. Participou en festivais e ciclos de concertos de diferentes países de Europa, incluído o Festival Internacional de Arpa de Dinan (Bretaña). En 2023 realizou a composición da banda sonora do documental sobre a prehistoria Coves de l'Espluga. Foi premiada coa Axuda Fundació SGAE 2024. Anna é semifinalista do World Harp Competition 2026 de Utrech (Paises Baixos), semifinal que terá lugar non vindeiro mes de abril.
Sang de Dona (en galego, Sangue de Muller) é o seu primeiro álbum en solitario. Anna mergullouse no cancioneiro catalán para presentar este traballo único, un conxunto de 12 cancións, seleccionadas coidadosamente e adaptadas aos nosos tempos. O título Sang de Dona e as outras disciplinas artísticas combinadas no álbum agochan temas intensos sobre mulleres e problemáticas que AÍNDA sofren hoxe en día. Ao escoitar o álbum un queda arrodeado dun aura coa que Anna preséntanos a estas protagonistas resilientes, para darlles vida e poder. Anna transforma dunha maneira maxistral as cancións tradicionais, sempre repetitivas, en novas melodías, cadros musicais modernos e unha forma de explicalas cheas de emoción, traxedia e tensión.
Musicalmente, tanto a brillante voz de Anna como a súa forma pouco convencional de tocar o arpa, ás veces tranquila e melódica, outras veces tumultuosa ou apoteósica, reforzan a trama e enchen as cancións de emoción. As atmosferas creadas acentúanse aínda máis mediante diversas técnicas no arpa, como o seu uso como instrumento de percusión ou imitando un baixo eléctrico.
O álbum contou coa produción artística do recoñecido músico e compositor catalán Eduard Iniesta. Grazas á orixinalidade de Sang de Dona, á súa coidada produción e ao seu forte arraigamento no territorio e a historia popular, Anna Amigó sitúase firmemente no mapa da escena folclórica contemporánea.
---
A Fundación Santa Marina de Temes organiza GRATIA PLENA - un festival en feminino - evento que pretende dar a coñecer o traballo das mulleres artistas nun espazo de gran valor patrimonial que pertence á Fundación, a capela do Santo Anxo do barrio do Couto (Ourense). Esta capela do ano 1925 é obra do arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías e contén un conxunto de 23 vidrieiras marabillosas deseñadas por Jesús Soria, artista asturiano que residiu en Ourense.
O festival ten lugar no mes de marzo, nos domingos previo e posterior ao día 8, Día Internacional da Muller. Esa data é ademáis o día de San Faustino Núñez, santo ourensán fundador da orde das Calasancias, congregación que xestiona o Colegio Santo Ángel e que forma parte do mesmo recinto. Os dous concertos-recitais permiten así contemplar a capela en todo o seu esplendor, ao ser ás 12h da mañá (hora do Ánxelus).
GRATIA PLENA lévanos pola música e os textos das artistas e das creadoras nunha das xoias do noso patrimonio, lévanos por un camiño sen dúbida marabilloso, por un camiño cheo de gracia.
Also check out other Arts events in Ourense, Festivals in Ourense, Entertainment events in Ourense.
Tickets for Anna Amigó, arpa e voz can be booked here.
| Ticket type | Ticket price |
|---|---|
| General | 10 EUR |