O Xoves 9 outubro ás 20.30 h. na capela do C.C. Torrente Ballester de Ferrol concerto do dúo TON RISCO E MARCOS TEIRA . presentando o seu traballo discográfico " Circum"
Entrada única 3 € ... Programado pola Concellería de Cultura de Ferrol dentro do ciclo " Os Xoves da Capela"
Dous maestros virtuosos xuntando guitarra flamenca clásica e vibráfono... Unha maravilla de mixtura... delicatessen!!
O vibráfono e a guitarra flamenca enténdense de marabilla, como dá fe este disco “ Circum” gravado lentamente, producido polos mesmos Risco e Teira e editado polo selo madrileño especializado en flamenco-jazz Youkali Music.
Como sinala Risco, “ás veces temos que traducir o son da guitarra no vibráfono, especialmente en cuestións puras dos paus flamencos, que precisan ser tocadas de certa maneira e aí hai que darlle voltas para que o vibráfono poida facer as veces da guitarra ou, polo menos, se faga recoñecible un tanguillo ou unha bulería no instrumento”.
A guitarra, pola súa banda, sáelle ao encontro ás láminas para crear algo novo partindo da súa compatibilidade. Algo que resume Teira cando asegura: “Os nosos instrumentos enténdense ben, e esa é unha das razóns polas que este dúo existe. Son timbres compatibles, lévanse ben entre eles”.
You may also like the following events from Run-Rum Axencia:
Also check out other
Music events in Alcalá De Henares,
Entertainment events in Alcalá De Henares,
Sports events in Alcalá De Henares.