Danza contemporánea
¿OUTRA PEZA SOBRE FOLCLORE?
¡Si! E sempre me parecerán poucas;
temos que falar sobre a necesidade de
devolver aos pobos a danza, as lendas
e as cancións máis aló do rexistro e
a museística. Un manifesto vivo da
necesidade do rito como salvamento
a unha sociedade que fai augas. Un
chamado á conciencia colectiva que sen
saber moi ben porqué emociónase con
determinados sons, melodías, danzas
e rituais. Unha invocación á emoción
primeira do que hoxe chamamos folclore.
Nesta peza non ides atopar un catálogo
de folclore popular. Ides descubrir
un bando libre de todo iso a través
do meu corpo e a miña conciencia
contemporánea. Actualmente a
esencia da tradición ibérica foi
manipulada a favor ou en detrimento
de determinadas cuestións territoriais
e ideolóxicas e eu négome a que a
política condicione a miña experiencia
e conexión co espírito orixinal e vivo
dun folclore que me atravesa máis
aló das fronteiras ou da cronoloxía.
A tradición tería que ser algo que vai
pasando de xeración en xeración dunha
maneira natural e fluída. Un oráculo
gozoso de encontro e comuñón…
Con Alberto Velasco
Creación e textos: Alberto Velasco
Coreografía: Alberto Velasco, Manuel Liñan & Osa + Mujica
Música: Mariano Marín
Percusión: Pablo Martin Jones
You may also like the following events from Teatro Rosalía Castro:
Also check out other
Dance events in A Coruña,
Entertainment events in A Coruña.