

# Event Details

- **Event Name**: Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26
- **Event Start and End Date**: Sat, 10 Jan, 2026 at 10:00 pm – Sat, 17 Jan, 2026 at 12:00 pm
- **Event Description**: DESCRICIÓN: é unha “viaxe branca” (con saída do 10 ao 17 de xaneiro) dende Galicia a CERLER (Benasque - Huesca) organizada por Clubs de Montañismo, dunha semana, na que cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente un forfait e esquiar libremente, inscribirse nun curso de esquí de travesía ou de esquí alpino de distintos niveis, alugar o material deportivo, contratar seguro...

OBXECTIVOS:
1. Formarse e/ou practicar ou o esquí de travesía (“esquí de montaña”) ou o esquí alpino (“esquí en pista” ), ou snowboard.
2. Convivir entre os socios/as dos distintos Clubs participantes.
3. Promover o esquí de travesía (tamén chamado “de montaña”).

ESQUÍ ALPINO/SNOWBOARD, OU ESQUÍ DE TRAVESÍA?: Para comprensión rápida, o esquí alpino (ou o snowboard) é so para baixar mentres que a subida é por medios mecánicos; o esquí de travesía (tamén chamado esquí de montaña) é para baixar, progresar en plano, e subir polos teus propios medios.

CURSOS DEPORTIVOS: Un ano máis organizamos a tradicional viaxe de “esquí alpino” (con curso opcional de distintos niveis) pero tamén a Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo) organiza 2 cursos de “esquí de travesía” (un de iniciación e outro de perfeccionamento), toda a información de estes cursos estará na web da FGM. Para os cursos de esquí de travesía haberá que estar obrigatoriamente federado/a FEDME, e para o curso de iniciación é obrigatorio, como mínimo, ter un nivel básico de esquí alpino (viraxe “solvente” en paralelo
en pistas azuis ben pisadas).

PARTICIPANTES: Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en prol da convivencia e seguridade. É importante entender que este é unha viaxe colectiva organizada por entidades sen ánimo de lucro, coa idea de compartir tempo e deporte con outras persoas,
de xeito tranquilo, sosegado, e axeitado ao entorno.

PREZO:

Obrigatorio 550€ (Viaxes en autobús, 5 noites habitación dobre Hotel Monte Alba 3* (pe de pista), 5 almorzos e ceas no hotel (non inclúe bebidas), e seguro de viaxe que non inclúe esquí)

Suplementos e descontos: 
- Suplemento participantes non socios/as dos Clubs organizadores (+35€ )
- Desconto por persoa en cuarto tripla ou cuádrupla (-10€ )
- Suplemento cuarto individual (+150€)
- Desconto nenos (-70€)

Servizos opcionais:
- Forfait 5 días en Cerler (+195€)
- Seguro esquí, accidentes e responsabilidade civil (+20€)
- Paquete especial para mínimo 20 persoas con 5 días forfait + 3h diarias de clases.
- So comida tipo bocadillo para grupo min. 20 persoas (+50€)
- Clases colectivas esquí (3h diarias) sen grupo mínimo (+125€)
- Clases colectivas snow (3h diarias) sen grupo mínimo (+130€)
- Só xantar sen grupo mínimo (+65€)
- Aluguer de material esquí gama bronce adultos (+65€)
-  Aluguer de material snow gama bronce (+80€)
- Aluguer casco (+15€)
- Seguro de cancelación (consultar condicións) (+30€)


PLAN DE VIAXE:
10 Xan (sábado) / Comeza a viaxe en bus pola noite dende Galicia.
11 Xan (domingo) / Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o primeiro servizo pagado demanutención).
12 Xan (luns) ata o 15 Xan (xoves) / Almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.
16 Xan (venres) / Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada deportiva, devolver o material alugado e viaxe de regreso.
17 Xan (sábado) / Chegar a Galicia.

XUNTANZAS DE INFORMACIÓN: O xoves 18 de Nadal ás 20.30h en Xuntanza informativa Interclubs Esquí 26 en https://meet.google.com/czf-xtkf-gav haberá unha xuntanza
telemática ás 20.30h (importante participar) para concretar asuntos da viaxe, falar sobre material aconsellado, e calquera outra dúbida que xurda.

SEGURO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS: As estacións de esquí cobran por rescate nas pistas e/ou posible tratamento médico privado nas súas instalacións. Esa cobertura é unha responsabilidade persoal de cada participante, polo que recomendamos fortemente ou ter a licenza federativa FEDME en vigor (con extensión de esquí alpino), ou outro seguro como o ofrecido pola nosa axencia de viaxes.
Dende os Clubs en ningún caso seremos responsables de gasto algún vencellado a este asunto (nin na montaña nin en Galicia).
Os esquiadores/as de travesía, ao ser un deporte propio pola nosa Federación Galega de Montañismo xa está todo cuberto coa licenza federativa FEDME en vigor (que é obrigatoria para estes cursos).

PERSOAS COORDINADORAS DE CADA CLUB ORGANIZADOR:
Club K2Ordes / Carlos Viaño.
ClubMontañeiros Celtas / Fernando Fernández Rey.
Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia / Alejandro Carrera.
Club Alpino Ourensán / María Teresa García Cebreiros.
ClubMontaña Ferrol - Alpinista Abrente / Xan Ramírez.
Club AROMON Pontevedra / David Pérez Araujo.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Antes do 10 de novembro do 2025.

PROCESO DE RESERVA E FORMA DE PAGO:
1. Antes do 20 de novembro é necesario un depósito de 350€ , por persoa para formalizar a reserva, quen queira contratar seguro de cancelación, debe pagar 380€ , na conta de Viajes Sierra ABANCA ES59 2080 0341 1430 4006 9040 poñendo en concepto nome completo e o nome do Club (ou de non ter club "Interclubs").
2. Ao rematar mandarlle e-correo a viajessierra@viajessierra.com dende o voso correo particular cos datos de Nome completo, correo electrónico, teléfono de contacto, DNI, data de nacemento, Club (de habelo ou senón "Interclubs"), cidade de saída/chegada no bus, nome e apelidos das persoas con quen queres compartir habitación, tipo de habitación, e servizos contratados.
3. Unha vez realizados tódolos primeiros pagos, ‘Viajes Sierra’ dará acceso a tódolos inscritos a unha plataforma online para seguir coa organización da viaxe.
4. O 2º pago de 200€ debe realizarse como data límite o venres 5 de decembro.
5. O 3º pago (o dos suplementos) polo resto da viaxe (ver importes de suplementos e descontos) debe realizarse como data límite o martes 30 de decembro.
- Quen leve forfait debe sumar 195€.
- Quen leve paquete de clases e forfait debe sumar 260€.
- Quen leve forfait e só comidas (prezo grupo) debe sumar 195+50=245€.
- Quen leve aluguer de material alpino debe sumar +65€.
- Quen leve aluguer de material de snow debe sumar +80€.
- Quen leve aluguer de casco debe sumar +15€.
- Quen leve seguro esquí, accidentes e responsabilidade civil, debe sumar ós importes +20€.
- Quen vaia en triple ou cuadruple, debe restar -10€.
- As persoas de entre 6 e 11 anos deben restar -70€.
- Quen vaia en habitación individual, debe sumar +150€.

CONDICIONS DE CANCELACIÓN: Dende o momento da confirmación e pago ata 35 días antes da saída, 350€ por persoa, entre 35 e 10 días antes da saída, 450€ por persoa, con menos de 10 días antes da data de saída, o 100% do importe da viaxe.

POSIBILIDADE DE SEGURO OPCIONAL DE CANCELACIÓN: Este seguro cubre os gastos de cancelación, no caso de que o asegurado cancele por algunha das causas recollidas na póliza e poda acreditalo coa documentación que a aseguradora solicite. O coste do seguro e de 30€/persoa, e debe comunicarse a Viajes
Sierra no momento da confirmación da reserva e o pago do seguro abonarase xunto co depósito inicial.
- Ver condicións particulares e xenerais no Dossier Semanas Blancas 2025-26 en www.viajessierra.com ou www.viajesdecolegios.com
- **Event URL**: https://allevents.in/benasque/semana-branca-interclubs-esquí-cerler-26/200029316443905
- **Event Categories**: sports
- **Interested Audience**: 
  - total_interested_count: 15

## Ticket Details


## Event venue details

- **city**: Benasque
- **state**: AR
- **country**: Spain
- **location**: Estación de esquí Cerler
- **lat**: 42.593333333333
- **long**: 0.53833333333333
- **full address**: Estación de esquí Cerler, Escuela Española de Esquí de Cerler, s.C.L, Calle Carretera Serveto, 22449 Benasque (Huesca), España, Benasque, Spain

## Event gallery

- **Alt text**: Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26
  - **Image URL**: https://cdn-az.allevents.in/events9/banners/c8bc6c2c5c559cfb02e4bdfc6ea80d4f649b5b1c05093b8b79c871824d59d3c8-rimg-w1080-h1350-dcdbeaf6-gmir?v=1768024219

## FAQs

- **Q**: When and where is Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26 being held?
  - **A:** Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26 takes place on Sat, 10 Jan, 2026 at 10:00 pm to Sat, 17 Jan, 2026 at 12:00 pm at Estación de esquí Cerler, Escuela Española de Esquí de Cerler, s.C.L, Calle Carretera Serveto, 22449 Benasque (Huesca), España, Benasque, Spain.
- **Q**: Who is organizing Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26?
  - **A:** Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26 is organized by Club Aromon Pontevedra.
- **Q**: Who is this event for? Is it right for me?
  - **A:** Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26 is ideal for sports fans, athletes, fitness enthusiasts, and anyone who loves the thrill of live competitive action and the energy of a crowd. Whether you're a first-time attendee or a longtime enthusiast in Benasque, this event is thoughtfully curated to deliver a standout experience worth every moment. If Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26 sounds like your kind of event, don't wait - spots fill up fast.

## Structured Data (JSON-LD)

```json
[
    {
        "@context": "https://schema.org",
        "@type": "SportsEvent",
        "name": "Semana Branca Interclubs Esquí Cerler 26",
        "image": "https://cdn-az.allevents.in/events9/banners/c8bc6c2c5c559cfb02e4bdfc6ea80d4f649b5b1c05093b8b79c871824d59d3c8-rimg-w1080-h1350-dcdbeaf6-gmir?v=1768024219",
        "startDate": "2026-01-10",
        "endDate": "2026-01-17",
        "url": "https://allevents.in/benasque/semana-branca-interclubs-esquí-cerler-26/200029316443905",
        "location": {
            "@type": "Place",
            "name": "Estación de esquí Cerler",
            "address": {
                "@type": "PostalAddress",
                "streetAddress": "Escuela Española de Esquí de Cerler, s.C.L, Calle Carretera Serveto, 22449 Benasque (Huesca), España",
                "addressLocality": "Benasque",
                "addressRegion": "AR",
                "addressCountry": "ES"
            },
            "geo": {
                "@type": "GeoCoordinates",
                "latitude": "42.593333333333",
                "longitude": "0.53833333333333"
            }
        },
        "eventAttendanceMode": "https://schema.org/OfflineEventAttendanceMode",
        "description": "DESCRICIÓN: é unha “viaxe branca” (con saída do 10 ao 17 de xaneiro) dende Galicia a CERLER (Benasque - Huesca) organizada por Clubs de Montañismo, dunha semana, na que cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente un forfait e esquiar libremente, inscribirs",
        "organizer": [
            {
                "@type": "Organization",
                "name": "Club Aromon Pontevedra",
                "url": "https://allevents.in/org/club-aromon-pontevedra/21436485"
            }
        ]
    }
]
```